Queremos informarvos das últimas novidades de RadioBarouta.
Tódolos audios e programas de RadioBarouta están no apartado “RadioBarouta – Audios“. Tendes varias listas de reproducción e unha delas é a de RadioBarouta, con tódolos programas ordenados cronolóxicamente. Na actualidade temos 58 audios, que non son poucos!
O último programa foi o de 2º de Primaria que fixeron un especial de poesía de Rosalía.
Unha cousa que nos ilusiona moito, é o feito de que agora, RadioBarouta tamén ten un espazo na biblioteca, no que o alumnado pode preparar os seus programas libremente, e esperamos en breve facer emisións en directo para todo o centro.
Este novo espazo, trata de darlle autonomía e renda solta á creatividade das nenas e nenos na preparación de programas/emisións, con todo o que iso implica: selección e preparación previa dos contidos, controlar os aspectos técnicos da radio, e traballar todo o que é necesario para o momento da emisión, no relacionado co guión de emisión, preparación das locucións, voces, …
Esperamos traervos en breve máis novidades.