Escoitar artigo (Voz: Arón e Tomás) |
Inauguramos novo apartado dentro da categoría de “Proxectos” (accesible dende o menú principal). Trátase de “Matemáticas Manipulativas Barouta“, onde podedes ver parte do traballo que facemos no centro en relación ás matemáticas e entender un pouco porque traballamos así.
Atoparedes unha breve explicación teórica e posteriormente vídeos e outros documentos para ver como traballa o alumnado e como aprenden matemáticas dun xeito vivencial e manipulativo, para chegar finalmente á fase simbólica.
Xa tendes os primeiros vídeos e documentos dispoñibles e regularmente iremos poñendo máis.
Ir ao apartado “Matemáticas Manipulativas Barouta”
Referencias: