O Espazo Calmo, destinado ao traballo emocional e de mediación, actividade sensorial, de expresión e psicomotriz, xa leva funcionando anos en Barouta.
Este curso, grazas á Comisión de Igualdade, reformouse para ampliar o seu uso ao teatro, danza e dramatización.
Isto permitiranos, ademáis de traballar aspectos comunicativos e técnicos íntimamente ralacionados co teatro/dramatización, ter un medio para desenvolver diferentes habilidades interpersoais, o autoconcepto, o traballo en grupo, o coñecemento de unha mesma, a expresión de sentimentos, a adquisición de valores, a creatividade, a imaxinación, as habilidades sociais, a convivencia, motricidade, coordinación, etc…
E coma sempre, dende unha visión de centro non sexista e que atenda á diversidade do alumnado.
Actualmente, o novo espazo empezouse xa a usar co programa de danza enmarcado no proxecto Jean Monnet, e por suposto esperamos darlle moito máis uso nos vindeiros cursos a través de diferentes actividades e proxectos.
Dentro do proxecto “O Corpo fala” este espazo pretende ser un lugar de liberdade expresiva corporal e verbal apartado de estereotipos e xuízos. Onde xogarnos dende nós para construír xuntas usando como marco o teatro, a música, a danza…
Referencias: