Escoitar artigo (Voz: Ángela) |
A carón do título de cada artigo, aparecerá un icono que nos indica que é accesible a través dun audio:
Queremos facervos partícipes dun novo proxecto que acabamos de iniciar e que ten moito que ver coa nosa páxina web. Enmárcase dentro do Plan Lector e o obxectivo principal é achegar a lectura ao alumnado a través dun medio motivador e dinámico para traballar diferentes aspectos, e ao mesmo tempo crear un entorno accesible e inclusivo na nosa web.
Pola importancia que ten a lectura no currículo e na vida diaria, e para ofrecer un medio motivador, dinámico e activo de ler e ver resultados “reais” que poden ser proveitosos para outras persoas.
A partires de hoxe mesmo, en moitos artigos da web veredes ao lado do título un botón que pon “Escoitar artigo“, que nos permitirá escoitar unha lectura en voz alta do artigo feita polo alumnado do noso centro.
Descrición do proxecto “Ponlle Voz“:
Referencias: