Grazas a un “portal temporal” que sorprendentemente apareceu na aula, o alumnado de 3º de Primaria tivo a tremenda sorte de poder viaxar durante uns intres ao Paleolítico e logo ao Neolítico.
Alí falaraon e compartiron experiencias cunha muller de cada período.
Muller do Paleolítico
Ao primeiro foi difícil facerse entender, pero poco a pouco foron buscando a maneira de comunicarse: todo é posible nos portais temporais, e de repente podíanse entender nunha mesma linguaxe.
Muller do Neolítico (*)
* Atopa as tres diferenzas co Neolítico!!!
Falaron sobre as costumes, o que cazaban, os utensilios que utilizaban e moitas máis curiosidades.