O CEIP de Barouta é seleccionado para o proxecto europeo ProBleu: “reGo!”

ProBleu é un proxecto europeo que subvenciona aos colexios para desenvolver proxectos relacionados coa sostibilidade dos oceanos e auga doce.

Temos a sorte de ser unha das 100 escolas a nivel europeo seleccionadas durante 3 anos para desenvolver proxectos que aborden a sostibilidade e protección dos ecosistemas mariños e/ou de auga doce, e na que exista unha participación e implicación activa do alumnado.

Proxecto ProBleu Barouta “reGo!”

Neste curso 2024-2025, en Barouta contaremos cunha aportación económica de 10.000 euros que empregaremos para contar con persoal e materiais relacionados co proxecto auga/estanque. Unha boa oportunidade para crear un ambiente/contexto de aprendizaxe dotado con recursos materiais e tamén de xente experta que elabore e coordine este proxecto.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.