O CEIP de Barouta convértese no primeiro centro de Infantil e Primaria de Galicia en formar parte do programa Jean Monnet (Erasmus +).
Esta iniciativa pretende fomentar os valores e a cultura europeos a traves das institucións educativas, achegando ao alumnado e profesorado a todo tipo de actividades, recursos e iniciativas.
Durante 3 anos, o CEIP de Barouta traballará dentro deste programa cun financiamento que nos permite desenvolver diferentes accións e enriquecer moitas das dinámicas e proxectos do centro.
Nunha próxima xuntanza, que teremos de xeito virtual coas e cos resposables do programa, coñeceremos tódolos detalles polo miúdo.
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.