O CEIP de Barouta presentou proxectos na convocatoria 2024-2025 dos Programas de Éxito Educativo (antigos Contratos Programa) na modalidade Innoba-Lab e Proxectos de Inclusión Educativa (PIE).
Na resolución publicada fai uns días, notificáronnos que temos concedidos os catro programas que solicitamos:
Innova-Lab
- Mat-Lab: continuidade co modelo de aprendizaxe matemático OAOA, transformando a aprendizaxe matemática nunha experiencia lúdica, motivadora e significativa, atendendo á diversidade do alumnado e mediante a adquisición de novo material específico e manipulativo.
- Sosti-Lab: introducir e practicar hábitos sostibles a nivel de aula e centro, mediante diferentes obradoiros co alumnado e a formación do profesorado, utilizando o entorno próximo: horto, estanque,…
Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)
- Mellora da convivencia: continuidade do proxecto “Mudando o Patio”, mediante a identificación das necesidades de convivencia e a implementación de estratexias e actividades para promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre todos os membros da comunidade educativa.
- Promoción de Benestar Emocional: desenvolvemento de diferentes proxectos para adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e alleas…), en toda a comunidade educativa, entendidas como competencias básicas para a vida. Avanzar cara a unha educación emocional concibida como un eixe transversal. Continuidade do Xogo terapéutico “Sand Play”.
A aportación económica que recibe o centro é un total de 4.000 € (1.000 € por cada programa).
Referencias: