Benqueridas familias.
Fainos moita ilusión anunciarvos esta nova oportunidade para o colexio de Barouta.
O CEIP de Barouta foi seleccionado como un dos dous centros que este curso pasa a formar parte da Rede Planea de Arte e Escola en Galicia.
PLANEA é unha rede de centros educativos, axentes e institucións culturais que se comprometen a utilizar as prácticas artísticas na escola pública de maneira transversal, situada nos territorios e con vocación de xeneralización e permanencia.
O Grupo Motor encargarase de coordinar e dinamizar o proxecto durante os tres anos que dura.
O primeiro paso será reunirse co Nodo Galego Rexenerando para empezar a coordinarse e iniciar no segundo trimestre a fase de formación, comezo e implementación.
Estade atentas e atentos que Barouta, aínda máis ca nunca, vai facer ARTE!!!
Referencias:




Ten moi boa pinta! E sempre é unha ledicia integrar a arte na escola. Bravo!
Que marabilla, que alegría tan grande, ARTE para impulsar a creatividade das nosas crianzas, para expresar as súas emocións…! E coas compañeiras de Rexenerando que tan bo recordo deixaron en Barouta coordinando o proceso, non se pode pedir máis!
Moitísimos parabéns, que orgullo de escola!!!