Tivemos a visita de Augas de Galicia para desenvolver un obradoiro co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Esta actividade está estreitamente relacionada cos contidos que que se están traballando a través do proxecto de MeteoBarouta.
O alumnado descubriu a importancia da auga nas nosas vidas e como está presente en tódolos ámbitos. Insistimos na necesidade do coidado da auga e dos elementos naturais que dependen dela.
A través dunha sesión lúdica e con experimentos, coñecemos máis en detalle o ciclo da auga e fenómenos atmosféricos como as inundacións nos ríos, e como inflúen na vida da xente e do entorno natural en xeral.
Ver imaxes
Referencias: