O alumnado de terceiro e cuarto de primaria participou o mércores 24 de xaneiro nun obradoiro de fotografía con Thais Núñez.
Thais é mestra con formación en fotografía e arteterapia. Acompañounos a xogar coa luz, a mirar, e non só ver, con ollos novos e curiosos, compartiunos técnicas, trucos e experiencia.
Puidemos ver algunhas das súas fotodenuncia que servirán de inspiración para o proxecto de aula.
Referencias:
- Presentación en PDF: Obradoiro de fotografía