Obradoiro de medallas
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Con vista á Carreira Solidaria deste curso o alumnado de Educación Infantil púxose “mans á obra” para que todas as persoas participantes teñan o seu recoñecemento por estar na carreira.

Durante a actividade traballáronse habilidades fundamentais como a motricidade fina, a creatividade, a expresión artística e o traballo en equipo, ao tempo que se fomentaban valores como a cooperación, a paciencia e o valor polo traballo propio e polo dos demais.

Estas medallas non só representarán un recoñecemento na carreira, senón tamén unha mensaxe clara: o importante é participar, esforzarse e compartir. O feito de que sexan creadas polos propios compañeiros e compañeiras engade un valor emocional especial ao premio, facendo que cada medalla sexa única e irrepetible.

Ver imaxes

Ver imaxes

Ver imaxes

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.