OBRADOIRO. HOTEL DE INSECTOS
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Biodiversidade no estanque: facemos un hotel de insectos?

Prezadas familias,

O vindeiro venres 29 de maio ás 15:30 h, a Comisión Mixta de Contorna convida a toda a comunidade educativa a participar na construción dun hotel de insectos xunto ao estanque do cole, coa colaboración de Arenaria Coordinación.

Esta actividade contribuirá a mellorar a biodiversidade do patio e a seguir aprendendo sobre os ecosistemas e a importancia da auga.

Precisamos da vosa colaboración! Podedes traer materiais naturais como garabullos, follas secas, anaquiños de madeira sen tratar, landras, cáscaras de noz ou codias de árbores secas.

Ás 18:00 h compartiremos unha merenda de convivencia e continuaremos os traballos mentres haxa luz.

Animádevos a participar! 🌿🐝🪵

Comisión Mixta de Contorna

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.