Grazas á Asociación Medioambiental Amabul, no día de hoxe, o alumnado de Ed. Infantil e do 1º e 2º ciclo de primaria, puido desfrutar na biblioteca do colexio dun interesante obradoiro micófilo.
Tivemos a oportunidade de aprender moito sobre os fungos e cogumelos, e a súa importancia nos ecosistemas e para a vida. Tamén descubrimos que están máis presentes no noso día a día do que pensamos, e puidemos ver cogumelos e fungos moi chamativos e interesantes.
En breve teredes nas bitácoras máis información e imaxes.
E aquí vos deixamos un recurso moi interesante da asociación AMABUL para que descarguedes. Preme na Imaxe.
Referencias: