Os beneficios da educación inclusiva para todo o alumnado.

Un estudio feito pola Universidade de Cordoba xunto coa Universidade de Helsinki demostra unha vez máis o beneficio da inclusión no resto do alumnado.

En Finlandia, que é un dos referentes de educación a nivel mundial, xa teñen claro dende décadas que a inclusión é un elemento indispensable e irrenunciable nos centros educativos.

A educación inclusiva atende a todo o alumnado independente da súa situación persoal. Non se trata de centrarse en minorías, senón que se articula en torno a darlle unha resposta integral ás características de todo o alumnado.

Neste estudio unha das cousas que se descubriu é que a aposta do profesorado pola inclusión favoreceu o desenvolvemento de competencias socioemocionais que son fundamentais na formación de todo o alumnado e mesmo en evitar situacións concretas como o “bullying“.

En Barouta, no noso Proxecto Educativo recollemos:

UN ESPAZO DE INCLUSIÓN, INDIVIDUALIZACIÓN E RESPECTO Á DIFERENZA
A diferencia e o respecto á mesma son parte da nosa filosofía como centro; non cremos na uniformización como método e solución igualitaria. Respecto ao neno ou nena tal e como é, como individuo único, cunha aceptación clara da súa individualidade e consecuentemente nas súas necesidades educativas.
Tomando como referencia un dos obxectivos clave da educación inclusiva referido a favorecer o desenvolvemento de todo o alumnado e a cohesión dos membros da comunidade, de xeito que todos/as poidan disfrutar do proceso de aprendizaxe, valoramos a diversidade como unha posibilidade moi valiosa para o crecemento persoal.
Partimos tamén da idea de que a educación na diferencia precisa a abordaxe entre iguais, non a ocultación, a normalización da diferencia é necesaria como primeiro paso para a aceptación e inclusión .
Cremos no apoio afectivo, escolar e o acompañamento no proceso de integración dando grande importancia ao establecemento de vínculos relacionais. Queremos ser unha escola que traballe para subraiar os potenciais individuais dos alumnos e alumnas, as súas fortalezas, na autoestima positiva buscando garantir o máximo desenvolvemento persoal do noso alumnado ao marxe do grupo social ao que pertence. Desde o centro búscase fomentar estratexias que conleven a inclusión e reactivación social, para todas as familias en risco de exclusión social que forman parte da nosa comunidade educativa. É necesario traballar para realizar todos aqueles cambios estructurais e metodolóxicos precisos para camiñar cara a inclusión real no centro.

Podedes descargar o documento completo do estudio orixinal aquí (en inglés):


Descargar Estudo

Tamén o tendes na web por se tendes dificultades co inglés e queredes usar o traductor en liña:  Inclusive education by teachers to the development of the social and emotional competencies of their students in secondary education

Fonte: https://www.abc.es/espana/andalucia/cordoba/estudio-uniersidad-cordoba-prueba-educacion-inclusiva-mejora-20240611200119-nts.html

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.