Participa nos proxectos da Comisión Mixta da Contorna.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Prezadas familias:

Convidámosvos a participar nos proxectos interxeneracionais que imos poñer en marcha este curso no colexio. Gustaríanos contar, especialmente, coas avoas, avós e con todas aquelas persoas da comunidade que de seguro teñen tanto que ensinar e compartir coas nosas crianzas.

Sabemos que gardades moita sabedoría, experiencias e historias valiosas: coñecementos sobre a terra, as plantas, a cociña tradicional, os xogos e cancións de antes, os oficios, os contos e tantas outras cousas que forman parte da nosa cultura e identidade.

Estas propostas naceron da Comisión Mixta da Contorna, creada despois da primeira Asemblea de Centro, onde profesorado e familias unimos forzas para abrir a escola á comunidade e aprender tamén da xente que forma parte dela.

Neste trimestre poñeremos en marcha dous proxectos:

“Arredor da horta”

Para traballar e aprender na horta escolar, coñecer as plantas, sementar, recoller e facer obradoiros con produtos naturais…

“Contando e debullando”

Un espazo para compartir contos, lembranzas, historias, cancións, saberes da vida…

A vosa participación é o que fai posible que a nosa escola sexa un espazo aberto, vivo e cheo de aprendizaxes compartidas entre xeracións.

A continuación tendes un pequeno cuestionario para que indiquedes se queredes participar e de que maneira (contando historias, axudando na horta, acompañando actividades ou simplemente compartindo un anaco do voso tempo).

Grazas pola vosa colaboración. Seguimos facendo comunidade 💚

Unha aperta

Formulario para apuntarse:




    Actividade da horta na que lle gustaría participar:

    Dispoñibilidade para a xuntanza inicial previa.

    Aceptaría que publicásemos imaxes na web nas que aparece vostede?

    Your information will be securely sent to and stored in Google Sheets for the purpose of processing your form submission.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.