PDI 2024-2025 Barouta: “PapaRouta”

O PDI deste curso chámase “Paparouta” e xa podedes imaxinar que ten que ver coa comida.
Imos traballar a alimentación e as comidas a través de diferentes actividades e proxectos, incidindo na alimentación saúdable e sostible.

O PDI é un Proxecto Documental Integrado no que ao longo do curso se realiza un traballo de documentación, investigación, formación e aplicación do aprendido a nivel de centro.

Traballaremos contidos do currículo, relacionados con Galicia e coa cultura atlántica, conectando así o noso PDI co proxecto Jean Monnet.
Teremos visitas, saídas, faremos comidas, receitas, catas, análises, podcast, recensións culinarias, …

E este curso, como no podía ser menos, o noso horto será o gran protagonista.

Todo canto se faga respectará os elementos básicos do proxecto educativo do noso centro: inclusión, feminismo, sostibilidade e en galego (ou en inglés no caso da área de linguas estranxeiras).

Lembrade que podedes seguir os nosos proxectos de Jean Monnet e o PDI mediante os cancelos #jean monnet e #pdi

Referencias:

 


Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.