O PDI deste curso ten por título “Barouta, ao pé da noticia”. O obxectivo é traballar o texto informativo dende diferentes formatos: xornal, podcast, televisión, revista, reportaxe, fotografía, textos de opinión, columnas, entrevistas, infografías…
O PDI é un Proxecto Documental Integrado no que ao longo do curso se realiza un traballo de documentación, investigación, formación e aplicación do aprendido a nivel de centro.
Ademais traballaremos contidos relacionados co curriculum e con Galicia e a cultura atlántica, (para incluir tamén o proxecto Jean Monnet) e coa escritora Antía Yáñez, protagonista do itinerario lector deste curso e dos clubes de lectura de profesorado e familias.
Todo canto se faga respectará os elementos básicos do proxecto educativo do noso centro: inclusión, feminismo, sostibilidade e en galego (ou en inglés no caso da área de linguas estranxeiras).