PDI “SON DE PAZ”-DEREITOS DAS NENAS E NENOS – Dereito a un fogar e a unha vivenda
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Como sabedes,o noso PDI “SON DE PAZ” ten relación directa cos dereitos das nosas crianzas. Tentamos desde a escola visibilizar estes dereitos, e facer fincapé tamén, en que lamentablemente en países de conflito, estes dereitos son vulnerados cada día. Nos diferentes ambientes de aprendizaxe de Infantil,estamos traballando algúns deles. No OBRADOIRO comezamos fai dúas semanas a traballar o DEREITO Á VIVENDA, e que mellor que traballar propostas sobre a nosa casa.

As crianzas trouxeron unha foto da súa vivenda, observaron se era casa ou piso, se era de planta baixa, se era edificio en que andar vivían, a distribución das portas,cancelas, a cantidade de xanelas así como a súa forma ( máis cadrada, rectangular…) e o seu tamaño (máis grande ou pequeno). Debuxaron a distribución na fachada, nos laterais e logo pintaron segundo a cor da casa.

Esta semana adicámonos a observar o material de portas e ventás, se era madeira ou aluminio e pintalo segundo a cor, así como a facer o tellado.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso.

Ver imaxes

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.