PEDIDO CAMISOLAS BRANCAS | CARREIRA SOLIDARIA 2025

Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoraremos o Día da Paz e a Non Violencia coa Carreira Solidaria “Móvome pola Paz”. Nese día, todo o alumnado do CEIP de Barouta acostumamos correr coa camiseta branca polo que, para as persoas que o precisen, abrimos un formulario de solicitude.

Podedes pedir desde o seguinte formulario: https://forms.gle/fwYYwzee1G3eAr2z8

Se o desexades, as persoas adultas tamén podedes pedir camisola.

Para o alumnado 4º EI, como é novo no Centro e non ten camisola, xa nos encargamos nós de reservarvos unha en talla 8, non sendo preciso que cubrades o formulario.

PEDIDOS ata o VENRES DÍA 17 de XANEIRO de 2025

Para pagar a(s) camiseta(s) encargada(s), podedes enviar o diñero nun sobre ou carteira a través do alumnado e que lle entreguen ás titoras.

En breve avisarémosvos do día a partir do que se poden enviar alimentos e productos de hixiene para colaborar co Banco Municipal de Alimentos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.