Arrancamos en breve co noso PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado)
Este curso imos traballar a través de faladoiros pedagóxicos dialóxicos. Esta opción vainos permitir reflexionar e debater sobre a temática elixida e a raíz destes encontros ir deseñando unha estratexia específica de formación baseada no consenso. Neste tipo de formación lense libros relevantes e fálase e debátese sobre o texto lido.
A construción colectiva do coñecemento baséase sempre no diálogo igualitario.
Os faladoiros pedagóxicos son unha actuación educativa de éxito que foi implantada nas comunidades de aprendizaxe e que se foi facendo extensiva a todo tipo de centros. Manteñen un formato común cos faladoiros literarios, musicais, matemáticos… e son unha ferramenta marabillosa que nos permite achegarnos a bases teóricas e científicas relacionadas coa educación. Ao mesmo tempo evitan que debatamos, aceptemos ou rexeitemos diferentes correntes ou prácticas educativas sobre as que non temos suficiente información.
A primeira lectura que imos facer é: “Educar con co-razón” de José María Toro”
Animámosvos a que dende as casas fagades tamén estas lecturas que vos poden resultar interesantes.
Referencias:
Ver PFPP do curso pasado