Neste curso 2024-2025 imos profundizar na ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) a través do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que desenvolveremos a nivel de centro.
Os obxectivos da formación son:
- Continuar formándonos no traballo por proxectos orientado a ambientes de aprendizaxe.
- Ampliar a formación nas matemáticas manipulativas e vivenciais.
Para acadar estes obxectivos, desenvolveremos un curso sobre a aprendizaxe das matemáticas dun xeito manipulativo e vivencial, e un seminario traballando por proxectos en ambientes de aprendizaxe.
Esta formación ven a aportarnos importantes ferramentas, contidos e estratexias, para o traballo diario no centro, tendo en conta ademáis que estamos a traballar con grupos mixtos en tódolos ciclos, e en diferentes ambientes de aprendizaxe.
Referencias: