Seguimos na formación con María Pousa.
Nesta segunda formación centrámonos nos espazos, tratando de ter unha visión de como se poden distribuir e utilizar os espazos da biblioteca para que o seu uso sexa máis dinámico e abarque diferentes elementos, non só bibliográficos.
Vimos exemplos da distribución de espazos noutras bibliotecas e valoramos a posibilidade de aplicalo á nosa tendo en contas as limitaccións que podemos ter.
Para rematar, fixemos unha dinámica en pequenos grupos onde deseñamos sobre o plano unha distribución dos espazos da nosa biblioteca, e posteriormente puxémolo en común a todo o grupo.
Daquí xurdiron algunhas ideas que podemos aplicar a curto prazo.


