Rematamos xa a formación de biblioteca nesta última sesión con María Pousa.
Antes de empezar, comentamos os cambios que fixemos tendo en conta as recomendacións das sesións anteriores, e plantexamos algunhas dúbidas para seguir avanzando.
María tróuxonos unha maleta de “Bibliotecas Escolares” con libros e amosounos material de consulta de diferentes estilos, formatos e categorías que podemos, ou máis ben deberíamos, ter na biblioteca. Chamounos atención o desfase qu hai entre material en galego e castelán, non podendo atopar case edicións en galego.
Para rematar, fixemos unha pequena dinámica en grupos, na que tivemos que buscar información en libros de consulta, en libros de ficción e en webs. Con isto, tratamos de ver a complexidade de buscar información concreta dependendo do que se lle pida ao alumnado e dos temas que queremos tratar.
Referencias:
https://bibliotecas.edu.xunta.gal/



