Chegamos ao final deste percorrido no primeiro ano de PLANEA.
Temos todo preparado para facer unha presentación e intervención artística o 19 de maio, coincidindo coa Romaría de final de curso.
Para iso, Xoan Xil e Outonía, reunímonos o 9 de xuño para preparar como vai estar presente PLANEA nesa xornada.
Recollendo or recursos, sons, miradas, impresións e sentir do feito ata agora, elaboramos materiais que poidamos intoducir na Romaría e acadar que o traballo feito con PLANEA esté presente.
Olga, do noso nodo mediador Rexenerando, encargouse de facer unha análise do camiño anddo e como podemos compartilo coa Comunidade.
Estamos preparadas e preparados. Vémonos na Romaría.






