Presentación da intervención artística no centro – PLANEA Barouta.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Finalmente, a intervención que faremos no centro terá que ver con aspectos relacionados coas paisaxes sonoras e todo o que iso implica: os sons, os ruídos, os silencios, a orixe dos sons, a percepción persoal do son/ruído, …

O Grupo Motor e outras compoñentes do Claustro reunímonos hoxe con Xoán Xil,  Blanca e Tanía (Outonía Cooperativa), e  Olga (do noso nodo de mediación Rexenerando).

Xoán Xil é un recoñocido artista sonoro de ampla traxectoria que nos vai dirixir a intervención artística no centro, xunto coa Cooperativa Outonía, que van traballar máis estreitamente con nós para iniciar este proxecto elaborando unha cartografía dos sons do centro.

Queremos percibir o centro e o seu entorno dun xeito diferente, hai que “abrir a escoita” para entender e transformar a nosa paisaxe sonora dende a curiosidade e en positivo.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.