Presentación do libro de 6º Primaria: “Universo Inverso”. <i class=" title="Presentación do libro de 6º Primaria: “Universo Inverso”. " decoding="async" fetchpriority="high" srcset="https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/03/cartel-universo-inverso.jpeg 1024w, https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/03/cartel-universo-inverso-212x300.jpeg 212w, https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/03/cartel-universo-inverso-724x1024.jpeg 724w, https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/03/cartel-universo-inverso-768x1087.jpeg 768w" sizes="(max-width: 1024px) 100vw, 1024px" />

Actualizado o 8 Marzo, 2024

Escoitar artigo (Voz: Juan)

Este venres 8 de marzo, na Casa de Cultura de Bertamiráns ás 19:00 h, o alumnado de 6º vai presentar o seu libro de Haikus: “Universo Inverso”.

Despois dun apaixonante traballo feito coa titora dende o inicio de curso, onde se crearon tanto os textos como as ilustracións, obtivemos como resultado este libro que nos trasladará a diferentes paisaxes e vivencias a través dos sentimentos que cada Haiku vai evocar en nós.

Non podiamos quedar coa emoción contida do que o alumnado acabara de realizar, e por iso decidimos publicalo e compartilo con todas e todos vós.

O proceso de traballo foi moi intenso e enriquecedor, a través de tarefas colaborativas en onde cada alumna e alumno, sen excepción, tivo o seu protagonismo e deixou un anaquiño do seu sentir.

Esperámosvos na presentación que tanta ilusión lle fai ao alumnado e que tanto orgullo nos produce ás mestras e mestres de Barouta.

* Haberá intérprete de linguaxe de signos.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.