O xoves 22 de febreiro, tivemos a presentación de Marta Alonso Tejada na escola. Ela vai ser a encargada de desenvolver o proxecto de danza, enmarcado no programa Erasmus + Jean Monnet, a nivel de centro.
As sesións de danza desenvolveranse do 15 ao 29 de abril.
A través destas sesións descubriremos o noso corpo, a importancia do movemento, a danza como canle de expresión de emocións e sentimentos e tamén nos achegaremos a cultura europea a través das súas manifestacións artísticas, especialmente da música e a danza.
En breve Barouta danzará para continuar contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado.
A danza é a linguaxe oculta da alma. (Martha Graham)
Ver Imaxes
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.