Primeira formación PLANEA Barouta.
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O luns 17 iniciamos a formación PLANEA no centro.

Despois da presentación do proxecto ao Grupo Motor, é o momento de trasladar as propostas, a organización e metodoloxía de traballo  a todo o Claustro.

Nunha primeira toma de contacto con todo o profesorado, o nodo Rexenerando, explicou as liñas de traballo para ir entrando máis en detalle nas próximas formacións.

Foi o momento tamén de presentarnos os recursos que PLANEA pon a disposición do profesorado na súa web e que podemos empezar a utilizar xa nas propostas do noso centro.

Presentación PLANEA – Rexenerando

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.