En xuntanza de traballo en liña entre Grupo Motor e o nodo Rexenerando, xa concretamos a primeira tarefa que debemos desenvolver e trasladar a toda a comunidade educativa.
É necesario facer unha diagnose, unha análise, un “mapeo” do noso centro para establecer cales son os nosos soños como colexio.
Para iso, imos recopilar información de toda a comunidade: familias, alumnado, profesorado, persoal do centro,…
En breve teremos preparadas as ferramentas para que poidas participar neste “mapeo” e que poidas expresar como queres que sexa Barouta.
Queremos facer realidade os nosos soños a través da arte. Qué está pasando no noso centro? Que retos temos? Que cousas xa están funcionando? Que nos gustaría cambiar ou fortalecer?
Referencias:

