Primeira reunión do Grupo Motor PLANEA
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O xoves 6 de novembro o Grupo Motor PLANEA arranca a súa andaina xunto coa Cooperativa Rexenerando.

Foi unha primeira toma de contacto para coñecernos mellor e establecer os obxectivos destes 3 anos que temos por diante.

Dende Rexenerando déronnos unha visión do traballo que imos a desenvolver e do que significa estar na rede PLANEA, definindo xa os primeiros pasos e a planificación do primeiro ano.

Que soño temos?

Neste primeiro ano PLANEA, imos recoller ideas, soños, desexos ou necesidades de toda a comunidade educativa.
Que tema é importante para nós? Imos traballar arredor del os próximos cursos.

Referencias:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.