Aproveitando a proximidade do Samaín e que o alumnado está coas buixainas no tempo de patio, fixemos a primeira Xornada para que as alumnas e alumnos que quixesen, participasen amosando a súa destreza.
Foi unha Xornada que celebramos no tempo de patio, á que asistiu alumnado de público para animar e aprender das e dos mellores.
Fixemos unha pequena demostración por categorías: alumnado de 1º a 3º de Primaria e alumnado de 4º a 6º de Primaria.
Ao final, as e os participantes recibiron un agasallo.

