Escoitar artigo (Voz: Jenni) |
O luns 23 de setembro tivo lugar a primeira xuntanza de cordinación do “Proxecto Estanque” dentro do programa europeo ProBleu.
As titoras de Educación Infantil e Primaria e o equipo da empresa Arenaria Coordinación xuntáronse para definir as liñas do proxecto, contidos e competencias curriculares implicadas, temáticas así como os tempos e espazos de execución, metodoloxía e implicación da comunidade educativa na creación colaborativa do novo ecosistema do centro: o estanque.
Cun traballo global e un enfoque manipulativo, participativo e dinámico, utilizarase o método científico para desenvolver este proxecto nos distintos niveis, axustando actividades e recursos ás idades e intereses do noso alumnado.
A formación e participación da comunidade educativa vai ser tamén un piar básico: profesorado e familias terán sesións formativas na metodoloxía de ABP (aprendizaxe baseada en proxectos) que acompañarán o desenvolvemento do proxecto ao longo do curso.
Todo en marcha!
Referencias: