Neste curso 2024-2025 que deixamos atrás, desenvolveuse no CEIP de Barouta o Proxecto Estanque dentro do programa europeo ProBleu.
Partimos da reestructuración do entorno natural máis próximo: o noso patio. A través da remodelación de zonas naturais para crear un estanque que nos ofrece un ambiente de traballo natural. Tamén foron imprescindibles os obradoiros co alumnado, profesorado e familias, e a sensibilización e implicación a toda a comunidade educativa para crear conciencia ecolóxica no referente aos ecosistemas naturais en xeral e aos acuáticos en particular.
O desenvolvemento do proxecto “Auga doce-Laboratorio de auga“, abriu as portas das nosas aulas en comunicación permanente co ambiente natural propio coma un ambiente de aprendizaxe significativa fundamental. O proxecto implicou a toda a comunidade educativa na mellora ambiental e sostebilidade do colexio e o municipio coa participación e a relación coa comunidade local.
O desenvolvemento deste proxecto seguirá buscando sensibilizar a todo o alumnado e á comunidade educativa, sobre o valor da biodiversidade e dos ecosistemas acuáticos equilibrados, como solucións na loita contra a contaminación e a degradación dos ecosistemas acuáticos, mediante obradoiros participativos tanto para alumnado como para familias.
Referencias:



