Programa de Competencias Familiares | CEIP de Barouta 2025
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Benqueridas familias,

Poñémonos en contacto con vós para informarvos que se vai poñer en marcha o PROGRAMA DE COMPETENCIAS FAMILIARES organizado por IGAXES, que xa se implementou no centro o pasado curso.

A idea é poder compartir un espazo no que se vivencien dinámicas familiares positivas, no que as educadoras e educadores poidan traballar con tódolos membros da familia para mellorar as relacións entre elas e favorecer estratexias para entrear a escoita, a empatía e a comunicación.

O programa consta de 6 sesións que se van celebrar os LUNS pola tarde en horario de 16:30 a 18:30 os seguintes días:

  • Febreiro: luns 24
  • Marzo: luns 10, 24 e 31
  • Abril: luns 7 e 28

Agregar eventos calendario CEIP de Barouta

Se queres participar no programa e facer dinámicas diferentes co teu/túa fillo/a,  podes anotarte mandando un correo a: afa@ceipdebarouta.gal

Data límite de inscrición: mércores 12 de febreiro

Para máis información do programa, pincha aquí: https://www.igaxes.org/gl/un-espazo-seguro-para-toda-a-familia/

Animádevos a vivenciar novas dinámicas e a seguir construíndo espazos de crianza positiva!

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.