PROGRAMA DE COMPETENCIAS FAMILIARES / CEIP de BAROUTA 2026
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Estimadas familias!

Este curso temos de novo a sorte de contar en Barouta co Programa de Competencias Familiares, impartido por IGAXES, unha iniciativa que busca fortalecer os vínculos entre os membros da familia e mellorar a convivencia no fogar.

Durante seis sesións, que se celebrarán os luns a de febreiro a marzo en horario de 16:30 a 18:30h, as educadoras traballarán coas familias participantes para ofrecer ferramentas prácticas que axuden a construír espazos seguros e respectuosos dentro da familia.

  • Febreiro: luns 2, 9, 23
  • Marzo: luns 2, 9, 16

Desde o centro e desde a AFA animamos a todas as familias a participar nesta proposta, que combina aprendizaxe, reflexión e apoio mutuo nun ambiente acolledor e colaborativo.

Para máis información do programa, pincha aquí: https://www.igaxes.org/gl/un-espazo-seguro-para-toda-a-familia/

Podedes escribir un correo á Asociación de Familias de Alumnado ou envíar un whatsapp para solicitar máis información ou formalizar a inscrición antes do 21 de xaneiro:

afa@ceipdebarouta.gal

Whatssap: 669 09 50 81

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.