Poñemos á vosa disposición, a través do EDLG diferentes actividades e recursos para gozar do Samaín e do Magosto.
Esta é a programación:
Luns 30:
- Traede unha manchea de castañas cortadas para facer o magosto.
Martes 31:
- Elaborade unha sobremesa de outono e traédea para compartir con todas/os. Agradecémosvos que acheguedes unha tarxetiña cos ingredientes da vosa sobremesa para evitar problemas de alerxias e intolerancias. Podedes ver un modelo na seguinte ligazón: Tarxeta de ingredientes
- Preparade os vosos disfraces terroríficos (mellor se son sostibles e con elementos reciclados!)
- Asaremos castañas.
- Ás 11:45 horas podedes ver o noso MUSEO DO MEDO. Non é precisa a vosa colaboración para o “Museo do Medo”. Non tedes que traer nada, só vir atrevidas/os para visitalo!
- O alumnado de 6º EP terá un posto de venda de chocolate. Podédeslle deixar traer algún € ás vosas fillas/os para que colaboren.
Dende a bitácora do EDLG podedes descargar tódolos recursos.
Recursos:
Referencias:
Bitácora do EDLG (Recursos)