Proposta de intervención artística PLANEA para este curso 2026-2027

Proposta de intervención artística PLANEA para este curso 2026-2027
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Onte Olga, de Rexenerando (o noso nodo de mediación), estivo explicándonos ao Grupo Motor, as propostas de traballo dentro da rede PLANEA para este curso.

Despois da reunión anterior, onde vimos “de donde viñamos” e “ata onde queriamos ir“, temos definidas xa varias liñas de traballo que implican sobretodo a alumnado, pero tamén a profesorado e familias.

Seguiremos acompañados de Xoán Xil e Outonía, que deron o primeiro paso na intervención artística PLANEA o curso anterior. Queremos continuar coa súa visión do son/ruido, e traballar máis sobre o espazo sonoro do noso centro.

Como nova proposta contaremos con Xacobe Martínez Antelo, que é unha das principais referencias do SoundPainting, que vai ser a proposta principal sobre a que xire o traballo artístico deste curso.

E para rematar, queda por concretar unha proposta de obradoiros/formación na que as familias terán un papel protagonista, e que nos servirá para intervir na implementación de aspectos relacionados coa acústica dende unha perspectiva tanto artística como arquitectónica, incidindo neses puntos quentes que identificamos o curso pasado.

Todo este traballo vai ir presidido dunha observación e análise inicial do contexto durante o primeiro trimestre, e dunha formación de profesorado e obradoiros para alumnado e familias.

Xa vedes que temos todo moi encamiñado á espera de concretar certos aspectos. Só queremos facer un chamamento e contar con vós, familias, para partcipar neste gran proxecto PLANEA que tanto aporta ao centro e que tanto nos abre os ollos ante o ámbito artístico.

Estade atentas e atentos, porque queremos sentarnos con vós e explicarvos máis en detalle en que consiste PLANEA e que queremos acadar.

Arrancamos!

Ver contidos PLANEA

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.