Neste trimestre iniciamos o ambiente cooperativo con novas propostas, que demos en chamar “itinerarios”, e que veñen a ser zonas “fixas” que o alumnado libremete escolle e polas que pode ir rotando.
Cada zona ten unha temática e pode estar limitada en canto ao número de participantes, pero que vaise adaptando con diferentes propostas ou contidos en función do que se estea a traballar na aula ou ben aos diferentes proxectos de centro que nese momento se estean a desenvolver.
Retos: un recanto para traballar diferEntes retos. Neste mes de xaneiro traballamos retos Kapla e os retos irán variando. Ao alumnado preséntanselle unhas tarxetas con retos que debe, facelo e amosar como o resolveu. Plantexamos varios retos con diferentes niveis de dificultade. Moitos deles son individuais, outros por parellas ou grupos.
Xogos: xogos para traballar diferentes aspectos. Os primeiro xogos proposto foi “Busca o Robot” para traballar a atención.
Proposta de traballo libre: varias propostas de traballo presentadas en forma de secuencia para que elixan e a preparen.
Ver as propostas de traballo libre
Asembleas: aínda que non é un itinerario de traballo, moitas das propostas poden levar a unha asemblea final en gran grupo. A Asemblea xa se traballou no grupo cooperativo no trimestre anterior e pode ter dous obxectivos.
- Como autoreflexión, para ver vas inquedanzas do alumnado sobre diferentes temas e propostas e para facer autoavaliación do ambiente.
- Para traballar aspectos da oralidade, das normas de comportamento, de chegar a acordos, …

