Actualizado o 28 Decembro, 2025
Ola tribo, e xa pouco a pouco imos pechando este ciclo. Moitas de vós preguntades por tarefas de cara ao verán.
Hai persoas que preguntan por propostas concretas do curricular deixo xa que logo algunhas propostas:
- Para linguas recomendo escribir cousas que precisen: a lista da compra, unha felicitación para unha amiga, tío, curmá… que está de aniversario, unha carta ou mensaxe para un amigo ou amiga que hai moito que non vexo… Ou calquera cousa que lles preste: un xogo de pistas para pasar unha mañá divertida en familia, un conto, palabras inventadas… Se as acompañamos podemos axudalas coa ortografía e conectores. A nivel oral poden improvisar unha canción, crear unha obra de teatro… e dende logo ter activado o modo galego. E ler, ler, ler, ler.
- En canto á área de matemáticas deixo enlace a unha serie de vídeos que serven como repaso as propostas traballadas na área de matemáticas en cuarto de primaria, feitos por Marcos Marrero.
https://www.youtube.com/@MarcosMarreroCardenasOAOA
E aquí podedes ver un documento sobre a multiplicación e despois descargar un banco de propostas e materiais lúdicos para seguir memorizando as táboas.
Acceder aos documentos e materiais.

Tamén na libreta teñen un resumo dos algoritmos empregados en OAOA para revisar se o desexades. E lembrade que na web temos un apartado adicado ás matemáticas.
Matemáticas manipulativas en Barouta
En xeral botar un ollo á bitácora poder ver as fotos e gardar aquelas que queiramos conservar, recordar qué andivemos cociñando este curso.
Pero eu non podo máis que repetirme coas recomendacións do ano pasado, isto é o que realmente considero fundamental. Que non esquezan:
- ler, o que lles guste o que lles preste… ler, ler e ler.
- xogar, xogar a xogos de mesa, xogar na natureza, inventar novos xogos, xogar sen xeito, xogar libres, con amigos, con amigas, coa familia, sos e soas…
- crear: contos, historias, adiviñas, debuxos, esculturas con paus e pedras… coser, cociñar o que queiran pero que non descoiden a parte creativa.
- divertirse.
- descansar.
- aburrirse (é fundamental!!!)
- botar un pouco de menos ao mellor cole do mundo!
Vémonos na última publicación que está a piques de chegar!

