Dende o Dpto. de Orientación de Barouta, poñemos a disposición de toda a comunidade, nun mesmo lugar, tódolos protocolos da Xunta de Galicia dispoñIbles ata o de agora. Estes protocolos iranse actualizando conforme se vaian modificando ou saíndo novos protocolos.
Que é un protocolo?
Un protocolo é un documento oficial que recolle as pautas de prevención, detección e actuación ante diferentes circunstancias. Indícannos como debemos actuar e que podemos facer ante determinados casos.
Para que serven?
Os protocolos sérvennos de guía para actuar, dannos pautas e ferramentas para enfrontarnos a diferentes circunstancias e momentos.
A quen van dirixidos?
Os protocolos son un recurso dirixido a tódalas partes implicadas no traballo co alumnado: centros, familias, expecialistas externos,…
ACCEDER AOS PROTOCOLOS
Este son os protocolos que temos dispoñibles:
- A educación emocional en alumnado con TEA.
- Absentismo escolar.
- Addenda enfermidade inflamatoria intestinal.
- Addenda diabetes.
- Atención educativa domiciliaria V2.
- Benestar emocional.
- Guía desenvolvemento plan de benestar.
- Guía para a abordaxe dos problemas de conduta no ámbito educativo.
- Guía prácticas restaurativas.
- Guía violencia de xénero.
- O proceso de adptación: “E ti, vas a escola?”
- Orientacións EOE discapacidade visual.
- Orientacións EOE discapacidade motora.
- Plan integral acoso e ciberacoso.
- Plan integral benestar dixital.
- Programa galego de acollida e apoio educativo a alumnado estranxeiro.
- Protocolo Altas Capacidades.
- Protocolo Atención Temperá.
- Protocolo atención domiciliaria.
- Protocolo Down e discapacidade intelectual.
- Protocolo de protección de datos persoais.
- Protocolo discapacidade auditiva.
- Protocolo dislexia.
- Protocolo educativo contra a violencia na infancia e a adolescencia.
- Protocolo educativo para a prevencion detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar.
- Protocolo identidade de xénero.
- Protocolo risco suicida V12.
- Protocolo TDAH.
- Protocolo TEA.
- Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidades crónicas.

