PROXECTO “A miña avoa xa facía ciencia”- INFANTIL
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O CEIP BAROUTA vén de participar no proxecto presentado polo concello de Ames “A miña avoa xa facía ciencia”. Co gallo do Día da muller e as nenas na ciencia, que se celebra o día 11 de febreiro, recibimos á avoa de MATEO MOURELOS-5º INFANTIL o 20 de febreiro. Chámase ISABEL ,vén de Viveiro (Lugo) e veu acompañada do seu fillo Jacob e, por suposto, do seu neto Mateo e da súa clase.

Isabel e Mateo explicáronnos como FABRICAR POTAS PARA PESCAR LURAS e o concello gravou un video que agardamos poder ver na súa páxina.

As potas son un cebo artificial en forma de peixiño ao que se lle poñen ollos e aletiñas. Despois píntanse con cores rechamantes ou cúbrense con tea que parece feita de escamas. Para que se nos dea ben a pesca,precisan cores moi vivas coma verde,rosa fucsia ou amarelo e unhas son máis eficaces que outras. Despois, segundo queiramos pescar luras en zonas máis superficiais do mar ou máis profunfas engadimos  boliñas de chumbo e así mudamos a súa flotabilidade, é dicir, facemos que floten ou afundan máis.

Mateo dí que xa pescou unha, agora animádesvos vós?

Moitísimas grazas á avoa Isabel por vir facer ciencia desde tan lonxe e a Jacob e Mateo por traela xunto a nós.

Préme na GALERÍA para ver as imaxes.

Agradecemos tamén a implicación do concello de Ames para a realización deste proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.