Proxecto Aprendizaxe Servizo: “Coidar a quen nos coidou”. Residencia maiores Brión.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

O proxecto “Coidar a quen nos coidou” desenvólvese como unha proposta de Aprendizaxe Servizos (ApS), vinculada ao PDI de centro “Son de Paz” e en coherencia cos valores promovidos polo programa Jean Monnet / Erasmus+.

A primeira visita céntrase na convivencia, compartindo unha merenda e xogos coas persoas maiores, favorecendo o vínculo afectivo e o respecto mutuo. Na segunda, coincidindo co Día do Libro, realizarase a lectura de lendas da súa época e o uso dunha “caixa de recordos” para estimular a memoria, promover a comunicación e dar valor ás súas vivencias. A terceira visita desenvolverase ao aire libre, con merenda e xogos, reforzando o benestar emocional e a interacción en contornos abertos.

Estas accións fomentan a cultura de paz a través do encontro interxeracional, promovendo valores como a empatía, a inclusión, a dignidade humana e a escoita activa. Ao mesmo tempo, permiten ao alumnado participar nunha experiencia real de compromiso social, contribuíndo á construción dunha cidadanía europea activa,

DESCARGAR PROXECTO EN PDF

 

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.