Proxecto danza 2023-24 CEIP de Barouta – Jean Monnet

Iniciamos a nosa andaina como centro Jean Monnet, cun proxecto de danza enmarcado dentro da cultura europea, tendo en especial consideración ás rexións da zona atlántica.

A persoa encargada de desenvolver o proxecto é Marta Alonso Tejada, unha profesional cunha ampla traxectoria como bailarina, actriz, coreógrafa e directora de escena. Obtivo o Premio María Casares á Mellor Intérprete Principal no ano 2021.

Este xoves 22 Marta asistirá ao centro para a presentación oficial do proxecto.

A distribución por cursos é a seguinte:

Galicia, Infantil A
Irlanda, Infantil B
Italia, Infantil C

Escocia, Primaria 1
Suecia, Primaria 2
Portugal, Primaria 3

Países Baixos, Primaria 4
Romanía, Primaria 5
Home (casa), Primaria 6

Cada nivel educativo recibirá 4 sesións de danza que se desenvolverán ao longo do mes de abril.

Con respecto ao proceso creativo, crearanse cos grupos de alumnado pequenas coreografías baseadas nas características predominantes das rexións claves elixidas. Estas coreografías partirán de xogos interactivos traballando as formacións espaciais, os momentos interactivos, xestos, sons, deseño da danza e expresión de emocións.

O fincapé farase no proceso creativo máis que no produto final.

 Para o festival de danza de fin do proxecto crearase unha representación única fusionando tódolos traballos individuais.

Referencias:

 


Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.