Proxecto ELISA Barouta – 2016/2024

Este curso remata o Proxecto ELISA no noso centro. A pasada semana, estiveron realizando as últimas tarefas do proxecto que empezou no CEIP de Barouta no 2016 e que se extendeu durante 8 anos.

Proxecto Elisa (Estudo Lonxitudinal para unha Infancia SAudable) parte de Educación Infantil e realízase en colaboración coa USC para facer un seguimento do alumnado a gran escala durante 8 anos para ver a súa evolución.

É un estudo das formas de relación e comportamento dos nenos e nenas desde idades temperás, enfocado á prevención de trastornos de comportamento. Nel participan tanto alumnado como familias e profesorado.

Video presentación da segunda etapa do Proxecto ELISA

O obxectivo xeral é analizar o desenvolvemento infantil, prestando especial atención aos diferentes perfís e traxectorias que podemos identificar no memso, así como aos factores implicados no desenvolvemento do axuste condutual e psicosolcia observados tanto no ámbito académico como familiar.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.