Proxecto “Miña avoa xa facía ciencia” – CEIP de Barouta
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

O CEIP de Barouta vai participar nun proxecto presentado polo Concello de Ames que se chama “Miña avoa xa facía ciencia“.

Con motivo do Día da muller e as nenas na ciencia“, que se celebra o día 11 de febreiro, queremos reivindicar e darlle visibilidade ao papel das mulleres e as nenas como transmisoras do coñecemento científico.

Nesta actividade, é fundamental o papel e participación das avoas/bisavoas, e involucrar tamén ao alumnado para elaborar unha pequena presentación audiovisual xunto coas súas netas/os e bisnetas/os

Traballaremos nas titorías e logo o material gravado formará parte dun audiovisual final colectivo, presentado o 11 de febreiro de 2026.

Presentación proxecto

Apúntate no seguinte formulario e a titora contactará con vós:

    Este Formulario xa non está activo

    Curso:

    Este Formulario xa non está activo

     

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.