Iniciamos novamente estes encontros para conversar e aprender sobre temas relevantes de educación mentras tomamos un chocolate.
O control e xestión das emocións é fundamental no ámbito familiar. Poder controlar os impulsos e xestionar as emocións dende a infancia, axudará ás nenas e nenos a tomar mellores decisións.
A próxima semana falaremos disto con Chelo García, educadora social de IGAXES.
O luns 15 de xaneiro ás 16:30 horas, esperámosvos na biblioteca do CEIP de Barouta para reflexionar e dialogar sobre este tema.
Referencias: