Publicación MAXIMINO VIAÑO | Cronista Oficial de Ames

No CEIP de Barouta sentímonos privilexiadas/os por ter recibido unha edición exclusiva dun libro-homenaxe que reune as publicacións da última década do D. Maximino Viaño García, cronista oficial do Concello de Ames. Esta edición especial foi feita pola familia e desde hoxe xa está na Biblioteca do Centro para que a poida consultar o alumnado e profesorado do CEIP de Barouta. Desexamos que, a non moito tardar, algunha editorial ou entidade faga posible que todas as persoas a poidan adquirir nas librerías.

Entre moitas outras cousas, Maximino Viaño foi padriño da BibliBarouta e colaborador en múltiples proxectos, polo que agradecemos a consideración especial da familia con este agasallo para a nosa escola.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.