“Punto Laranxa” no CEIP de Barouta

A actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar, inclúe diferentes canles para comunicar casos de acoso mantendo a confidencialidade.

O Punto Laranxa é un espazo físico e virtual para comunicar de xeito anónimo posibles casos de acoso.

No noso colexio xa están dispoñibles os puntos laranxa físicos, e na nosa web o acceso ao punto laranxa virtual faise premendo na seguinte imaxe, que estará visible na páxina principal:

A coordinadora de benestar e convivencia xunto coas titorías, xa están traballando na implantación deste novo protocolo e trasladando a información ao alumnado para que entendan o uso dos puntos laranxa.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.