Que é a AFA?
A AFA somos a Asociación de Familias de Alumnado. Somos todas, as nais e pais, persoas que defendemos un ensino público de calidade e que traballamos con honestidade polo ben común de todas as nenas e nenos do CEIP de Barouta. Facémolo co firme convencemento de que se queremos que a nosa escola funcione ben, debe funcionar ben para todas, e se queremos conseguir que as nosas fillas e fillos vivan nun mundo mellor, debemos ser o seu exemplo: nais e pais involucradas, que comparten, colaboran, axudan e participan, facendo comunidade para resolver problemas, para organizar actividades ou simplemente para gozar en compañía das demáis familias.
Porque a frase “PARA EDUCAR UNHA CRIANZA FAI FALLA UNHA TRIBO ENTEIRA”, non é só un lema, é unha realidade na que debemos apoiarnos: as familias, a escola, a comunidade, todas somos responsables da educación das nenas e nenos do noso entorno, e só traballando xuntas poderemos conseguir o seu benestar presente e futuro.
Xunta directiva:
Na asemblea do 26 de setembro do 2024 renóvase a directiva completa da asociación.